Este sábado foi o estreo de Ligas Territoriais para a FEGAN e para o Club Natación Arteixo. Participamos na 1ª Xornada de Liga Infantil na coruñesa Piscina de San Amaro e xa temos os resultados publicados.
Foi un bo comezo, o equipo arteixán foi o máis animoso cos compañeiros/as, e na auga houbo un bo nivel de técnica, sabendo ademáis que queda moita tempada por diante e moito que mellorar.
As remudas, de 4×100 estilos acadaron os postos 2º e 3º feminino e 5º masculino.
Noraboa Equipo!!