Resultados Liga Infantil e Ges

Están publicados os resultados da Liga Infantil celebrada este sábado en Carballo. Tamén falaremos da presencia de dúas nadadoras do CNA  no GES de categoria alevín.

O sábado celebrouse en Carballo a 4ª e última xornada da Liga Galega de categoría infantil, na que participamos con un total de oito deportistas que fixeron boas marcas e tiveron moi bo ambiente competitivo. Rematamos a competición con unha remuda de 4×100 estilos mixta na que acadamos o 4º posto. Estaremos atent@s ás clasificacións desta Liga que pronto sairán publicadas na FEGAN.

Por outra banda, as nosas nadadoras de categoría alevín, Daniela Dasilva e Aloia Andrade participaron tamén o sábado pola tarde na 5ª xornada GES (Grupo Especial de Seguimento), que se celebrou en Cervo e que unha vez máis xuntou a un grupo de nadadores e nadadoras da zoa para adestrar e acadar novas aprendizaxes.

Noraboa a tod@s!!

Resultados