Resultados Liga de Clubs

Este sábado celebrouse a primeira xornada da Liga Galega Absoluta, na que o Club Natación Arteixo compite unha tempada máis en División de Honra. Destacamos o ánimo co que os nosos nadadores e nadadoras encararon este novo reto, acadando como resultado un 5º posto coa seguinte puntuación: CN. PORTAMIÑA LUGO 302.5, CN. FERROL 295.0, CN. PONTEAREAS 254.0, CN. GALAICO 253.5, CN. ARTEIXO 217.0, C.FLUVIAL LUGO 150.0. Esto só acaba de empezar, e o noso equipo adestrará coas miras postas en mellorar esta puntuación nas vindeiras xornadas. Os nosos deportistas acadaron boas marcas, tanto en probas individuais coma nas remudas.

Noraboa a tod@s!!

Resultados