Voltamos de Vigo con un propósito moi claro, mellorar o noso nivel de adestramento e competición para aumentar as nosas posibilidades de permanecer en Primeira División na Liga Galega de Clubs a vindeira tempada. Acadamos o 5º posto coa seguinte puntuación: RCN Vigo 331, C Fluvial de Lugo 283, CN Portamiñá 271, CN Pontareas 249, CN Arteixo 206, CN Rías Baixas 127.
Esta última xornada deixa a puntuación de cara a Fase Final, que será a finais de abril, da seguinte forma:
1º- RCN Vigo 17, 2º- CN Pontareas 14,5, 3º- C Fluvial de Lugo 13,5, 4º- CN Portamiñá 11, 5º- CN Arteixo 7, 6º- CN Rías Baixas 3.
Esta puntuación coloca ós tres primeiros en postos de ascenso e ós tres seguintes loitarán pola permanencia ou descenso. Móvense dous equipos para ascenso e dous para descenso, así que non será nada fácil. Hai que poñelo todo en xogo, e ir a por todas nestas catro semanas que quedan ata a data desta importante cita competitiva, o 27 de abril. Os equipos rivais son de gran calidade, pero o Arteixo non se renderá sen adestrar e competir a tope.