Resultados Liga Benxamín

Están publicados os resultados da 6ª Xornada de Liga Benxamín celebrada o pasado sábado en Carballo. Participamos nun total de tres remudas de 8×50 estilos mixtas, nas que acadamos o 4º, 7º e 9º postos.

Foi unha xornada diferente, xa que foron probas de longa distancia para esta categoría, afrontáronas con ilusión e boa técnica, as dúas claves principais para mellorar neste deporte.

Con esta xornada remata a liga e teremos que estar atentos/as á clasificación final.

Resultados