Resultados Liga Benxamín

Están publicados os resultados da 3ª xornada de Liga Benxamín celebrada este pasado sábado día 18 na piscina de San Amaro, en A Coruña. Foi moi bo día competitivo para este gran equipo de nenos e nenas que conforman o futuro do club.

Destacamos a motivación do grupo, a mellora do nivel técnico e os postos das remudas de 4×50 estilos. As nenas acadaron o 3º e 4º posto, e os nenos o 2º posto.

Ó finalizar esta xornada, algúns dos nosos prebenxamíns viviron a súa primeira experiencia competitiva, co único obxectivo de aprender o funcionamento das competicións regladas. Ancor Martín, Owen Romero, Mario Pastor e Hugo Dasilva disfrutaron ó máximo desta opotunidade. Iniciáronse coas probas de 50 libre, 25 libre e 25 costas, que nadaron con entusiasmo e moita ilusión. Esta xornada destes dous Equipos de Base, reflexa todo o que buscamos cada día nos adestramentos, aprender, mellorar, e sobre todo, disfrutar.

Énchenos de orgullo ver cómo medran, non só como nadadores, se non tamén na súa confianza e actitude. Aproveitamos para agradecer a pais e nais por apoialos sempre e por ser parte deste camiño tan especial e educativo que é o deporte.

Resultados Liga Benxamín