Están publicados os resultados da 3ª Xornada de Liga Benxamín celebrada o pasado sábado en Carballo. As remudas, que foron de 4×100 libre, acadaron os postos 8º masculino e 6º feminino.
Este pequeno equipo segue mellorando e aprendendo en cada competición á que asiste. Bó traballo!!
A vindeira cita será, xunto co equipo alevín no xa tradicional Encontro Concello de Arteixo o vindeiro sábado 7 de marzo en Arteixo.