Resultados Liga Alevín

Están publicados os resultados da 3ª xornada de Liga Alevín celebrada este pasado sábado en Ferrol. Os nosos nadadores e nadadoras están a demostrar a súa paulatina mellora tanto de técnica coma de marcas. Destacamos o traballo e o ánimo do equipo nesta xornada na que variábamos de equipos rivais.

A vindeira cita deste grupo será para os deportistas que acadaron mínima para participar no Campionato Galego Alevín, que será en Pontevedra a primeira fin de semana de febreiro e máis adiante continuar con esta liga q seguro seguiremos ascendendo na nosa dinámica competitiva.

Noraboa a tod@s!!

Resultados