O sábado pasado celebrouse en Pontevedra, na Piscina de Rías do Sur o Campionato Galego de Longa Distancia. O Club Natación Arteixo participou con cinco deportistas de diferentes categorías. Voltamos con 2 medallas, un trofeo, e un 6º posto por equipos.
A competición celebrouse en sesión de tarde, tod@s nadaron a proba de 3000 metros. Paula Rodríguez, de categoría Junior 1 acadou o 8º posto. Na categoría senior tivemos 3 representantes, Alba Gómez foi medalla de ouro, Ana Veiga acadou o 5º e Nerea Alvite o 6º posto. Mateo García foi medalla de ouro da categoría Junior 2 e campión absoluto da proba.
Noraboa!!