Resultados Galego Máster

Esta fin de semana celebrouse en Ponteareas, na Piscina de Álvaro Pino, o Campionato Galego Máster de Inverno. Tivemos menos representación que noutros campionatos pola situación que estamos a vivir, pero xa imos recuperando a forza nesta categoría de veteráns que con tanta ilusión compiten cada vez que teñen ocasión.

O Campionato celebrouse en dúas xornadas, por cuestións de seguridade sanitaria e aforos. A primeira o sábado para os menores de 45 anos, e a segunda o domingo para maiores de 45. Por este motivo non poidemos presentar equipos de remudas.

Acadamos as seguintes clasificacións por equipos: 16º posto na masculina, 16º na feminina e 19º na clasificación conxunta. A nivel individual este pequeno gran equipo acadou un total de 13 medallas, catro ouros, tres pratas e seis bronces.

O nadador Ramón Folch acadou o premio ó nadador masculino de máis idade, ademáis de establecer tres novos Récords Galegos na categoría de 85+, nas probas de 50 libre, 100 libre e 100 costas.

Noraboa equipo por estes resultados!!

MedalleiroResultados