Resultados Galego de Augas Abertas

Este domingo 13 de setembro voltamos a emocionarnos coa posibilidade de competir. Oito deportistas do Club Natación Arteixo participaron no Campionato Galego de Augas Abertas, en Pontevedra, no Encoro de Pontillón do Castro.

Fixo un día espectacular, con boa temperatura da auga, polo que non se nadou con neopreno. Arrancou a nosa representación Jaime Carrodeguas, nadador Máster que acadou o 4º posto da súa categoría. Ás 12 sairon os demais, a organización do evento foi impecable, o que axudou a que os participantes fixeran o seu percorrido de 2000 metros coa máxima seguridade. Destacamos os postos acadados polas nosas participantes femininas, Paula Otero 1ª Junior-1 e Alba Gómez 2ª Senior. Os nosos representantes masculinos, todos de categoría Junior-1 foron: Miguel Á. Gómez 18º, Manuel Ruibal 22º, Javier Carril 23º, Cristian González 24º e Daniel Capelán 25º.

Un bonito evento para recordarnos que hai esperanza de seguir adiante con este deporte

Noraboa a tod@s!!

Resultados