Resultados Galego Alevín

Esta fin de semana celebrouse en Cervo o Campionato Galego Alevín de verán, con unha gran mellora de participación respecto á da tempada pasada por parte do noso club. Asistiron sete nenas e tres nenos que competiron con moita garra e ilusión, dando como resultado as súas MMP en piscina de 50 metros e bo nivel competitivo.

Alejandra, Aloia, Daniela, Lola, Lucía, Marta, Martina, Berto, Roque e Yago voltan ilusionados de cara a vindeira tempada e orgullos@s de ter rematado esta competindo a tope neste evento que marca o final. Como equipo acadamos o 24º posto na clasificación masculina, o 11º na feminina, e o 20º na clasificación conxunta. Participamos nas tres remudas femininas,  nas que fomos mellorando a nosa clasificación ó longo do campionato, 4x 200 libre, 12º posto, 4×100 libre, 11º posto e o gran remate da competición, o 4×100 estilos, foi no que quedamos en mellor posición con un 8º posto.

A nadadora de 12 anos, Lucía Prieto obtivo resultados destacados, xa que acadou dúas medallas da súa idade, foi bronce en 50 costas, e prata en 100 costas.

Noraboa a todo este Equipo Alevín!!

Resultados