Resultados fin de semana

Esta fin de semana estreamos tempada de Ligas Territoriais. Celebráronse en Carballo, a Alevín o sábado pola tarde e a Máster o domingo pola mañán. A organización estivo a cargo AD Fogar, e dende esta web queremos darlle a noraboa e as gracias polo seu impecable traballo, que proporcionou tódalas garantías de seguridade ós nadadores e nadadoras asistentes.

Na Liga Alevín participaron 4 nadadores e 3 nadadoras, que empezaron ben a súa tempada competitiva, boas marcas e sobre todo mellora de técnica respecto ó ciclo pasado.

No caso dos Máster, a asistencia foi de 3 nadadores de diversas categorías eq que voltaron moi satisfeitos desta primeira experiencia competitiva. A publicación dos seus resultados está á espera de que se celebre a mesma xornada na Zona Sur.

Noraboa a tod@s!!

Resultados