Están publicados os Resultados da xornada Benxamín e do Trofeo do Club Natación Coruña celebradas este sábado.
Os pequen@s pasaron a proba da súa primeira xornada con bastante honra, destacando a participación na remuda masculina de 9-10-11 anos, que acadou o 4º posto. Había varios deportistas que competían por primeira vez e dende aquí dámoslle a benvida e a noraboa polo seu estreo. E por suposto tamén os que xa son veteráns.
No Trofeo Ciudad de A Coruña destacamos a medalla de ouro de Tamara Folgueira na proba de 50 costas e as mellores marcas persoais de moitos nadadores/as nas súas probas. A nadadora de categoría Infantil Alba Gómez acadou a mínima nacional na proba de 200 estilos, que se suma ó 400 estilos coa que xa contaba.
¡¡Noraboa a tod@s polos resultados!!