Este sábado o Club Natación Arteixo participou en dúas competicións das que xa temos os resultados publicados.
Por unha banda, os alevíns nadaron en Narón a última Xornada da Liga Galega con bos resultados a nivel de equipo e individual, con moitas MMP e algunha nova mínima para o xa cercano Campionato Galego desta categoría. A remuda, de 4×100 libre mixta, acadou o 8º posto.
Por outro lado unha parte do Equipo junior e absoluto participou no Trofeo Juan Varela, no que acadamos o 7° posto na conxunta (5° feminino e 14° masculino). Na remuda de 4×100 estilos rematamos en 5° posto con un apretado final. Alba Gómez acadou o 1° posto da clasificación por táboa FINA. Foron medallistas, Alba Gómez, Eva Sánchez, Miguel ángel Gómez e Ana Veiga, con un total de sete medallas (3 ouros, 2 pratas e 2 bronces).
Noraboa a tod@s!!


