Esta fin de semana o Club Natación Arteixo participou en varias competicións. Xa están publicados os resultados da 2ª xornada de Liga Alevín de San Amaro. Nesta sede houbo unha participación moi reducida, polo que os do noso equipo nadaron sós a remuda de 4×200 libre. Foi unha boa xornada competitiva na que xa se empeza a ver a mellora deste pequeno equipo.
Por outra banda, os Junior e Absolutos participaron na fase territorial da Copa de España por equipos, na que acadamos o 4º posto tanto en feminino como en masculino. Unha vez máis foi unha ocasión para ver ó CNA unido por un obxetivo de equipo dando a talla en cada proba e logrando un bo resultado para o Club.
Noraboa a tod@s!!