Resultados Fase Final

A xornada competitiva vivida o sábado en Lugo foi algo máis que intensa, foi unha demostración da capacidade do Club Natación Arteixo de non rendirse ante ningún difícil reto, de loitar ata a última brazada aínda sabendo o complicado do obxetivo. Por iso, Noraboa ó equipo que se trasladou á Piscina de Frigsa, porque a vindeira tempada estarán en 1ª División pero sabendo que o seu espíritu competitivo non está en absoluto mermado.

O equipo estivo composto por 11 nadadores e 12 nadadoras convocados, e un gran grupo animador acompañante de pais, nais e compañeir@s de adestramento. Foi unha competición dura polo cargado do calendario de probas e polas condicións de moitos nadadores e nadadoras, dos que estamos moi orgullosos, xa que compaxinan complicados estudios ou traballo con este deporte que tantas horas de dedicación necesita.

Acabamos á sesión da mañán separados 15 puntos do posto de permanencia, e aínda que competimos en bo nivel pola tarde, non fomos capaces de rebaixar esta diferencia, os nosos clubs rivais competiron tamén a gran nivel, quedando a clasificación da seguinte forma:

1º. C.N. Ponteareas 399, C.N. Arteixo 355 e Club Fluvial de Lugo 301

A nivel individual houbo algunhas MMP, récords do club, e dous nadadores acadaron mínima de campionatos de España, Santiago Bello en 50 libre de categoría junior e Alba Gómez en 100 bolboreta de categoría absoluta.

Noraboa Equipo polo nivel competitivo, que se prepare a 1ª division, que alí estará o Arteixo dando guerra a tempada que ven!!

Resultados