Resultados Equipo Alevín

O noso Equipo Alevín ven de participar no Campionato Alevín de Inverno, que se celebrou na Piscina do Fluvial de Lugo esta fin de semana. Obtiveron bos resultados de marcas e tiveron moi bo ambiente de grupo. Voltan recargados de enerxía para encarar a segunda parte da tempada intentando aumentar a súa participación de cara a verán e sobre todo de tratar de asistir con algunha remuda.

O noso equipo constaba de dous nenos, Lucas Díaz e Manuel Lema, e tres nenas, Daniela Dasilva, Marta Señarís e Martina ferro. Tod@s acadaron as súas MMP en tódalas probas nas que participaron, e foron moi animosos dende a grada. Acadamos o 21º posto na clasificación masculina, 21º na feminina e 24º na conxunta.

A nadadora de 12 anos, Daniela Dasilva foi medalla de bronce en 50 bolboreta.

Son bos resultados para este grupo, sobre todo porque este campionato so é a plataforma de saída para seguir adestrando con mais ganas para melloralos no futuro.

Noraboa EQUIPO!!

Resultados