Resultados e Convocatorias

Este sábado celebrouse a 4ª Xornada da Liga Alevín na nosa Piscina de Arteixo. Os resultados dos nosos deportistas foron bos, con unha destacable mellora técnica e de traballo en equipo. Ó rematar fixemos unha pequena exhibición dos prebenxamíns para que vaian aprendendo as regras da competición, as saídas, a actuaciones do xurado, etc. Estaban moi nervios@s pola importancia de nadar na «casa» e foi boa tarde dedicada á Natación.

Este sábado celébrase en Carballo a 3ª xornada de Liga Infantil, á que asistimos con un grupo de 11 deportistas que nadarán un total de 22 probas individuais e remudas. Ademáis Paula Otero participará no Campionato de España Universitario que se celebrará esta fin de semana en Villafranca del Castillo, en Madrid, as probas de 400 e 800 libre.

Ánimo e Sorte a tod@s!!

ResultadosConvocatorias