Resultados e Convocatoria

Están publicados os resultados da competición celebrada o pasado sábado 28 en San Amaro.

Resultados

Asimesmo está publicada a convocatoria do equipo benxamín que participará na 3ª xornada de liga este sábado, tamén na piscina de San Amaro. Nadarán probas relacionadas cos estilos: os máis maiores nadarán 100 (50 bolboreta-50 costas) e 50 costas; os máis pequenos 100 libre e 50 (25 bolboreta-25 costas), entre tod@s participarán en remudas de 6×50 braza mixtas.

Temos que estar na Piscina de San Amaro ás 15:45. Prégase puntualidade e acudir coa equipación do club.

Convocatorias