Resultados e Convocatoria Trofeo de Lugo

Están publicados os resultados da 6ª e última xornada de Liga Alevín celebrada o sábado pasado en Narón, así como a convocatoria deste sábado para o Trofeo de Lugo.

O Trofeo no que participamos, nas instalacións do Club Fluvial de Lugo será en sesións de mañán e tarde, e participarán nadadores e nadadoras de categorías benxamín, alevín, infantil e junior. A participación está limitada a un número de series por proba. A última proba do evento será unha interesante remuda de 8×50 libre con representantes masculino e feminino de tódalas categorías. As sesións serán ás 10:00 e ás 17:00.

Podedes seguir a competición a través do streaming que prepara a organización. Viaxaremos en autobús, e haberá sitio para acompañantes que se poden anotar a partir do xoves pola tarde na porta da oficiña. Prégase puntualidade e acudir debidamente uniformados/as.

ResultadosConvocatoriasStreaming