Resultados e Convocatoria

Están publicados os resultados da Liga Junior celebrada este sábado día 14 en Ferrol, esta foi unha nova oportunidade para que este grupo rexistraran boas marcas e tiveran unha nova ocasión de competir para seguir mellorando. Tamén competiron os máster en Carballo, con bos resultados, tanto en probas individuais como na remuda de 4×50 estilos mixta.

Por outra banda, este sábado día 21 terá lugar a 4ª xornada de Liga Alevín na coruñesa Piscina de San Amaro, será en sesión de tarde e contaremos con un equipo de 6 chicos e 13 chicas. Prégase puntualidade e acudir debidamente uniformad@s.

Ánimo e Sorte!!

ResultadosConvocatorias