Resultados do Larga Distancia

Este pasado sábado día 6 celebrouse o Campionato Galego de Longa Distancia. Foi en Pontevedra e o Club Natación Arteixo participaba con un total de tres deportistas que nadadaron a distancia de 3000 metros. Carla Rodríguez, de categoría Junior_1 acadou o 4º posto, Iago Guitián, da mesma categoría, o 9º posto. Paula Rodríguez, foi medalla de bronce da categoría Junior_2.

Os nosos nadadores que adestran no Centro de Alto Rendimento de Málaga, farán esta competición alí este vindeiro sábado, estaremos atentos tamén ós seus resultados.

Noraboa Carla, Iago e Paula!!

Resultados