Rematou o Campionato Galego de Inverno que se celebraba en Santiago, na Piscina de Santa Isabel dende o venres.
Os resultados foron a mellor durante a fin de semana. O grupo de 13 nadador@s co que participamos foi meténdose no campionato cada día máis e mellor, empezando polo ambiente de grada e rematando con mellores actuacións na auga, con dúas trepidantes remudas de 4×100 estilos. Participaron nun total de 18 finais, acadaron seis medallas e os seguintes postos por equipos: 15º masculino, 9º feminino e 11º conxunto.
Luis, César, Xián, Carlos, Daniel, Víctor, Alba, Tamara, Noelia, Peni, Antía, Nerea Pazos e Nerea Iglesias, estes foron os compoñentes do Club Natación Arteixo que participaron neste campionato, que constaba de eliminatorias e finais.
Nas remudas, o máis salientable é o nivel de marcas persoais e unha medalla de bronce moi loitada no 4×50 libre feminino. Participamos nas cinco remudas do calendario. Clasificacións de remudas: 4×50 estilos, 4º feminino, 17º masculino; 4×50 libre, bronce feminino, 11º masculino; 4×100 libre, 7º feminino, 13º masculino, 4×200 libre, 8º feminino, 13º masculino, e 4×100 estilos, 4º feminino, 14º masculino.
A nivel individual, acadáronse un total de 5 medallas. Alba Gómez acadou dous ouros en 100 braza e 100 libre, e dúas pratas en 200 estilos e 200 braza. Noelia Gómez acadou medalla de prata en 50 braza.
O nivel de marcas tanto en probas individuais como en remudas foi bo, con algún récord de club batido e dúas mínimas para asistir ó Campionato de España Infantil de Verán de Antía Gómez, nas probas de 100 costas, 1.09.13 e 200 costas, con un tempo de 2.28.44.
Arteixo estivo presente en 4 finais masculinas, 14 femininas, tódalas remudas e varios podios neste Campionato Absoluto. Seguiremos adestrando e ilusionándonos para mellorar este campionato en verán e seguir aumentando o nivel deste Gran Equipo, o CNA.
Noraboa EQUIPO!!
Feliz e exitoso 2019 a tod@s os compoñentes do Club Natación Sarval Arteixo