Esta fin de semana celebrouse o Campionato Galego de categorías Infantil e Junior de Inverno. Foi en Cervo, en piscina de 50 metros. O Club Natación Arteixo acadou os postos 8º Junior e 17º Infantil nas clasificacións conxuntas cunha participación de 7 nadadores e 6 nadadoras.
As clasificacións completas son: para os Infantís, 10º feminino e 17º conxunto. Para os Junior, 6º masculino, 8º feminino e 8º conxunto.
En remudas, participábamos con equipo masculino junior e feminino infantil, que defenderon con moi boas marcas e mellor espíritu competitivo os seguintes postos:
Equipo Feminino Infantil: 14º en 4×100 libre, 12º en 4×100 estilos.
Equipo Masculino Junior: 5º en 4×200 libre, 6º en 4×100 libre, 6º en 4×100 estilos.
En canto ó traballo individual, acadáronse moitas mellores marcas persoais. Un medalleiro cun total de 8 metais para Alba Gómez (2 ouros, 1 prata e 1 bronce), Nerea Pazos (1 prata e 1 bronce), Nerea Iglesias (1 prata) e Xián Prego (1 bronce). Alba Gómez acadou 2 mínimas máis para participar no Campionato de España de Inverno, nas probas de 400 libre e 400 estilos.
¡¡Noraboa a este equipo polos éxitos!!
Nadadores/as participantes nos equipos de remudas