Resultados do Campionato Alevín

Rematou o Campionato de España de categoría Alevín, no que a xovencísima Eva Sánchez Bello representou o Club Natación Arteixo con unha moi boa actuación.

Nadou onte domingo en Tarragona, sesión que clausuraba o campionato. A proba na que participaba era o 200 costas, e aínda que era a súa primeira participación neste tipo de eventos, nadou atrevida e confiada, quedándose moi cerca da súa mellor marca. Acadou o 17º posto de 12 anos.

Gran estreo da que esperamos sexa unha longa carreira deportiva desta nadadora. Ela e a súa entrenadora disfrutaron dunha boa experiencia que seguro será motivante para o futuro.

Resultados