Esta fin de semana, Alba e Miguel Gómez participaron formando parte da Selección Galega Absoluta, no XIII Meeting Internacional da Póvoa do Varzim con moi bos resultados de marcas e de postos, ademáis dun gran resultado para Galicia, xa que a nosa Selección acadou o 1º posto na clasificación por equipos. Todo un éxito para a Natación Galega retomar a Selección Absoluta e facelo con estos resultados e nada máis e nada menos que 3 récords galegos en remudas.
Participaban nun total de catro probas cada un. Miguel foi finalista en 50 (11º posto), 100 (9º) e 200 braza (7º), con MMP en 100 braza. Na proba de 50 libre, na que tamén obtivo a súa MMP, obtivo o 20º posto.
Alba acadou posto de finalista A en tódalas probas, rematando prata en 200 libre, en 4º posto nas probas de 50 e 400 libre e 5º posto en 100 bolboreta. Ademáis acadou a mínima do Campionato de España na proba de 50 libre con un tempo de 27.18. Alba participou en 3 remudas coa Selección, dúas femininas, 4×50 libre e 4×50 estilos batindo o Récord Galego, tarea que non era fácil, sobre todo na de estilos, xa que o posuía unha selección dende o 2009, época na que se competía con bañador de poliuretano. Alba tamén formou parte do equipo mixto que nadou batindo Récord Galego de 4×50 libre. Esta nadadora acadou o 8º posto por táboa FINA pola marca acadada na proba de 200 libre.
Grandes resultados para Galicia e para Alba e Miguel nesta bonita ocasión competitiva, na que a FEGAN ofreceu a posibilidade de premiar a dedicación de nadador@s destas edades, que despois de anos neste deporte seguen ofrecéndolle o seu tempo e o seu esforzo ós seus clubs e á Natación Galega.
Noraboa e Gracias por seguir así!!