Resultados de Paula en Roma

Paula participou esta fin de semana coa selección española no 59º Sette Colli, na mítica piscina do Foro Itálico de Roma. Era unha expedición formada por 8 nadadores e 8 nadadoras, e será a última antes da gran cita do Campionato do Mundo de Fukuoka do vindeiro mes de xullo.

Paula participou en tres probas, acadando bos tempos neste ciclo no que se atopa de máxima carga antes do seu evento máis importante da tempada. Nadou 1500 libre, no que foi 9ª, 800 libre, no que acadou o 7º lugar, e para rematar, o domingo participou na proba de 400 libre, rematando a competición con un 12º posto.

Foi un gran momento para medir o seu pulso a nivel internacional e acadar unha nova experiencia competitiva á que seguro saberá sacarlle partido moi pronto.

Noraboa Paula!!

Resultados