Resultados de Palma de Mallorca

Onte sábado día 22 rematou un intenso Campionato de España de natación que se celebraba en Palma de Mallorca dende o martes día 18. O Club Natación Arteixo tivo unha gran presencia neste evento que era clave para a élite da natación española, xa que era o clasificatorio para os Xogos Olímpicos de París. O noso club volta con un total de seis medallas, dous Récords Galegos e varias mellores marcas persoais.

A Palma acudimos con seis deportistas de varias categorías. Comezamos esta nova cos resultados dos nosos junior, Eva Sánchez, de 17 anos, acadou o 10º posto en 200 costas, 19º en 50 costas e 20º en 100 costas. Manuel Varela, de 18 anos, foi 12º en 200, 15º en 100, e 21º en 50 costas.

Alba Gómez, nadadora de categoría absoluta, destacou sobre todo na proba de 200 libre, na que foi finalista e acadou o 15º posto. Foi tamén 32ª en 100 libre, 39ª en 50 bolboreta, e 49ª en 50 libre. O tamén absoluto Miguel Ángel Gómez, especialista en probas de braza, acadou o 24º posto en 200 e o 46º en 100.

Mateo García, de categoría Sub-20, que asistía a este campionato en pleno ciclo de adestramento para o Campionato de Europa de Augas Abertas no que participará en xullo, foi medallista en dúas probas. Acadou medalla de prata absoluta, ouro Sub-20 e Récord Galego na proba de 800 libre; foi 9º absoluto, bronce Sub-20 e Récord Galego en 400 libre. Na proba de 1500 libre acadou o 13º posto en categoría absoluta e 4º na Sub-20.

                             

E queremos rematar esta noticia coa crónica da nosa nadadora máis internacional, Paula Otero foi medalla de bronce absoluto e ouro Sub-20 en 800 libre, 5ª absoluta e ouro Sub-20 en 1500 libre. Pero as súas medallas en Palma non son importantes, asistía a este campionato coa presión dun esixente obxetivo para o que se viña preparando dende hai varias tempadas.  Esta parte do deporte de alta competición, rendir ó máximo o día clave baixo a presión das expectativas, dos nervios é a máis difícil, a máis dura, e cando aparece o resultado no panel parece que todo queda resumido en eso, nunha marca, que te eleva ou te destroza. Pero Paula Otero non é unha marca, non é un obxetivo inmediato, é unha nadadora que leva anos rendindo ó máximo nivel, que loitou en cada adestramento perseguindo un futuro, futuro que aínda está por chegar, e que xa se está cociñando, xa que lonxe de rendirse, acompañará ó seu Equipo ó vindeiro Campionato Galego que se celebrará en Ourense, onde con ela, seguro, o Club Natación Arteixo será un pouco máis grande… Gracias Paula, por ter chegado ata aquí, por apuntar alto, e por pertencer ó noso Club.

Resultados