Resultados de Ligas

Esta fin de semana celebráronse dúas competicións de Liga, e xa temos os resultados publicados. En Carballo nadouse a 2ª xornada do Circuíto Adan, no que participou unha parte do equipo infantil, junior e absoluto.

Por outra parte, o equipo benxamín asistiu á 4ª xornada de Liga en San Amaro, A Coruña. Nadábanse as seguintes probas: 100 bolboreta e 50 libre para os maiores;  50 costas-braza e 50 braza-crol para a idade pequena. Todos xuntos participaron en remudas de 8×50 libre mixta, nas que acadaron o 7º e 8º posto.

Noraboa a tod@s!!

Resultados