Resultados de LD

Os nosos representantes no Campionato de España de Longa Distancia en Piscina de 50 metros xa están de volta e con moi bos resultados e boas sensacións de competición.

Ambos nadaron a proba de 5000 metros de forma moi uniforme, e co final máis rápido. Mateo García acadou o 10º posto da categoría Junior 2 e 23º absoluto. Alba Gómez acadou un destacado 4º posto da categoría senior e o 12º absoluto.

Foi unha boa experiencia para estes dous nadadores que se estreaban neste evento, e que pasaron a proba con moi boa nota.

Noraboa Alba e Mateo!!

Resultados