Resultados de Castellón

Rematou o Campionato de España, no que un protocolo impecable por parte dos organizadores, permitiu que se celebrara como un gran evento seguro e con moi bo nivel competitivo, records de España incluidos. O Campionato celebrouse en Castellón de venres a domingo, nun total de cinco sesións. A representación do noso Club quedou mermada coa baixa de Paula Otero, pero Alba Gómez soubo compensar esta ausencia co seu gran espíritu competitivo.

A expedición galega estivo reducida por diversos problemas, pero eso non rebaixou o ánimo dos que si poideron competir. Entre elas estivo Alba Gómez a nosa nadadora absoluta, que tivo que viaxar sen Paula Otero, a súa compañeira de equipo, tamén inscrita, e gran promesa do Campionato, que seguro sorprenderanos a próxima vez que teña ocasión de competir.

Alba participou nun total de cinco probas. Comezou a competir o sábado pola mañán coa proba de 100 libre, e que con boa marca e moito ainda por mellorar para o resto do campionato, rematou no 9º posto. Esa mesma tarde nadou na mellor serie o 50 libre, nesta proba acadou a súa 2ª mellor marca persoal e o 12º posto. Na mesma sesión participou na proba de 400 libre, sen clasificación, xa que a nadaba fora de concurso, nesta proba mellorou a súa marca nesta distancia en piscina de 25 metros.

E o domingo en sesión de mañán nadou a súa proba con resultado máis destacado, 200 libre,  7º posto e a súa 2ª mellor marca persoal. Na mesma sesión, 40´despois, participou no 200 estilos, proba na que acadou o 10º posto e coa que rematou este campionato.

Nesta excepcional situación que vivimos na sociedade en xeral, e que tanto afecta ó deporte e á competición, este Campionato foi un gran regalo para os que tiveron ocasión de participar, Alba sen dúbida, soubo levar ese espíritu ás súas brazadas.

Noraboa Alba!!

Resultados