Bos resultados para Alba na súa primeira cita nacional da tempada. O Campionato tivo lugar dende o xoves ata o domingo, nunha Barcelona cargada de choiva. Alba participou en cinco probas no que destacamos o posto de finalista no 100 braza.
Empezou o xoves coa proba de 50 braza, acadou a súa 2ª mellor marca, 27º posto absoluto e 6º absoluto mozo. O venres participou en 2 probas, 100 libre con un 33º absoluto e 11º absoluto mozo; a proba de 200 braza veu marcada por un estreo de cambio de técnica de estilo que provocou dúbidas na forma de competir, 17º absoluto e 2º absoluto mozo. Esta técnica de nado deu froitos ó día seguinte no 100 braza, proba na que entrou na final B con boa marca para acadar o 13º posto absoluto e 3º absoluto mozo. Na proba de 200 estilos acadou o 27º posto absoluto e 10º absoluto mozo.
Unha vez máis Alba demostrou en Barcelona a súa capacidade de competir e de mellorar aprendendo corrixindo os erros, sendo esta unha gran cualidade para unha deportista.
Noraboa Alba!!