Resultados da fin de semana

Esta fin de semana participamos na edición número 29 do Trofeo Cidade de Lugo cunha gran parte do noso equipo, onde acadamos o 4º posto por equipos e un total de once medallas. Tamén tivemos presencia no Trofeo Villa de Gijón con Alba Gómez representando á Federación Galega.

 

O Trofeo Villa de Gijón celebrouse este sábado e domingo nas instalacións do Club Natación Santa Olaya, de 50 metros. Alba participou nun total de 4 probas (50, 100, 400 libre e 400 estilos), pasando en todas elas a final, e acadando unha medalla de prata na proba de 400 Estilos.

Resultados

No Trofeo Cidade de Lugo, onde participaron un total de 40 nadadores e nadadoras de categorías benxamín, alevín e infantil, acadamos o 4º posto na clasificación por equipos, cun total de 251,5 puntos, o campión do trofeo foi o Club Natación Ferrol. Houbo moitas mellores marcas persoais, pero sobre todo cabe destacar o ambiente de equipo que xa ven sendo habitual neste evento. Sempre acudimos cun alto número de participantes, xa que lle damos prioridade a isto, convertindo así este día nunha ocasión de convivencia entre as tres categorías de base do club.

A remuda de 6×50 libres mixta intercategoría acadou unha medalla de bronce para rematar a competición na sesión detarde. Antía Gómez, Eva Sánchez, Manuel Ruibal e Miguel A. Gómez acadaron un total de dez medallas (3 ouros, 4 pratas e 4 bronces). A nadadora de categoría infantil, Antía Gómez acadou dúas mínimas para asistir ó Campionato de España de verán, nas probas de 50 e 100 libres.

Noraboa a tod@s por esta fin de semana competitiva!!

ResultadosMedalleiro