Resultados da Fin de Semana

Esta fin de semana foi movido para o Club, participamos en tres competicións diferentes, con moi bos resultados en todas elas. Dende os pequenos promesas en Carballo que luciron a súa mellora técnica, ata a medalla de ouro de Paula Otero no 3000 metros.

O sábado celebráronse dúas competicións. O equipo máis xoven do Club Natación Arteixo nadou en Carballo a súa 1ª xornada da Liga de Promesas, catro nenos e catro nenas, que souberon demostrar o seu traballo diario convertido en boa técnica e gusto por demostralo.

Paula Otero, participou no Campionato Galego de Longa Distancia en Piscina de 25 metros, en Pontevedra. Paula foi Campiona Galega de 3000 metros en categoría Junior 1, demostrando a súa mellor versión, nunha proba que dominou dende os primeiros metros.

Por outra parte, o domingo en sesión de mañán, catro das nosas maiores participaron nunha toma de tempos en Carballo, boas marcas e máis experiencia competitiva cara a seguir mellorando nesta tempada na que as citas competitivas hai que aproveitalas a tope.

Noraboa a tod@s, a seguir por este camiño…!!

ResultadosWeb do Campionato