Resultados Copa do Mundo de AA

Os nosos nadadores Mateo e Paula xa remataron a súa actuación en terras exipcias. Nadaron o venres pola mañán a proba de 10K medíndose cos mellores do mundo desta especialidade. O día estivo marcado polo vento e a oleaxe en Somebay, lugar onde se celebraba esta proba, primeira etapa da World Cup de Augas Abertas. Mateo nadou a primeira hora da mañan e acadou o 42º posto absoluto da proba. Paula nadou a continuación e rematou no 25º posto. Ambos nadadores están empezando a tempada das Augas Abertas, e esta foi unha gran experiencia para empezar a medirse a este nivel como parte da selección española.

A seguinte cita das Augas Abertas será en Ibiza no vindeiro mes de abril, na celebración do Campionato de España de Augas Abertas que será á vez a 2ª xornada desta Copa do Mundo.

Noraboa Mateo e Paula!!

Resultados