Esta fin de semana os Equipos Junior e absolutos masculino e feminino participaron na Copa de España de 2ª División. Foi en Pontevedra, na Piscina Rías do Sur, a este evento teñen dereito a participar os equipos galegos clasificados entre os 16 primeiros nos Campionatos Galegos. E ahí estivemos, defendendo ó noso club cun elenco de 12 chicos e 12 chicas.
Foi unha competición moi interesante, e moi importante como antesala do Campionato Galego que se celebra a finais de decembro. Acadamos o 3º posto na categoría feminina e o 4º na masculina. Ambos postos foron conseguidos por un nivel moi bo de marcas, tanto a nivel individual coma de remudas, e un bo traballo de motivación e cohesión á hora de competir.
Nas remudas acadamos os seguintes postos: na categoría masculina, 2º posto no 4×200 libre, 3º en 4×100 estilos, 4º en 4×100 libre e 6º en 4×50 libre e estilos. Na categoría feminina os postos foron, 2º en 4×200 libre e 4×100 estilos, 3º en 4×50 libre e estilos, e 5º en 4×100 libre.
Voltamos para Arteixo con ganas de encarar este ciclo que nos separa do Campionato de Inverno, con moitas MMP e con forzas para seguir representando ó Club Natación Arteixo.
Noraboa a tod@s!!