Temos xa publicados os resultados da 1ª xornada da Copa Galega de Clubs celebrada este sábado en Carballo. Sen dúbida o máis salientable desta competición é o resultado do traballo en equipo, a primeira posición do Club. Pero entre os resultados individuais máis destacados, temos varios nadadores/as con novas mínimas para campionatos galegos; unha mínima de campionato de España Absoluta na proba de 200 braza, realizada pola nadadora Noelia Gómez e unha de campionato de España Infantil de Alba Gómez na proba de 200 costas. Esta nadadora do ano 2000, acadou tamén na derradeira xornada de Liga Infantil, celebrada o 12 de abril, as mínimas de 100 e 800 libre para o mesmo campionato.