Resultados Copa de Clubs

O sábado celebrouse en Ribeira a 3ª Xornada da Liga Galega de Clubs, na que o Club Natación Arteixo acadou o 2º posto coa seguinte puntuación: Pabellón Ourense 407, CN Arteixo 249, CN Ferrol 239, CN Liceo 211, CN Riveira 210, AD Fogar 147.

Este resultado, sumado ós postos acadados nas dúas primeiras xornadas, déixanos no 3º posto do grupo no que participábamos e polo tanto o vindeiro 18 de abril loitaremos pola permanencia en 1ª división, ascenso a División de Honra ou descenso a 2ª. A clasificación total do grupo na suma das 3 xornadas foi: CN Ferrol 18, Pabellón Ourense 16, CN Arteixo 14, CN Liceo 9, CN Riveira 6, AD Fogar 3.

Estaremos pendentes dos resultados dos outros grupos para saber con que equipos competiremos a Fase Final.

¡¡Noraboa EQUIPO!!

Resultados

Ó remate da competición entregáronse os premios ós nadadores e nadadoras que asistiron na tempada pasada a Campionatos de España: Francisco Sanjorge, Omar Andrade, Alba Gómez, Noelia Gómez e Virginia Naya.

20150314_premiados

Está tamén anovado o contido de resultados máster, coa 3ª xornada de liga celebrada en Carballo o pasado 8 de marzo.

Resultados Máster