Antía, Celia, Dani, Lorena, Lucía, Manuel e Miguel… Unha parte do noso equipo alevín competiu moi ben na Copa Alevín que se celebrou esta fin de semana en Ferrol, campionato por equipos no que acadamos o 18º posto con tan só sete participantes. Algunha nova mínima para o Campionato Galego de verán, ilusión renovada para seguir adestrando e un equipo máis unido son as cousas máis importante que ganaron os nosos alevíns. Seguiremos nesta liña para en verán ser máis e mellores.
Noraboa EQUIPO!!