Resultados, Convocatorias e Calendario

Están publicados os resultados do Festival de Estilos Máster celebrado o 12 de marzo en Pontevedra. Asimesmo, os da Liga Benxamín celebrada este pasado sábado en Riazor onde os nosos pequenos/as acadaron os postos 2º (emocionante a tope), 8º e 9º nas remudas de 8×50 libre mixtas.

Resultados MasterResultados

Tamén está publicada a convocatoria da 3ª xornada da Copa Galega de Clubs. Nesta ocasión viaxamos a Ourense para nadar: 4×50 libre, 800 e 200 libre, 200 braza, 50 costas, 50 bolboreta, 400 estilos e 4×100 estilos. Haberá autobús e saimos pola mañá, ás 11:15 dende a Piscina de Arteixo.

Convocatorias

E finalmente, está anovado o calendario, onde aparece a data definitiva do Encontro de Natación organizado polo noso club e a data da Travesía de Suevos.

Calendario