Resultados CNA

Esta fin de semana Paula Otero e o noso Equipo Infantil tiveron competición importante, pasamos a resumir os seus resultados, en ambos eventos os deportistas do Club Natación Arteixo esforzáronse ó máximo para acadar bos resultados finalmente brillando con un total de tres medallas de bronce.

O noso Equipo Infantil, formado por 2 nenos e 4 nenas competiu no Campionato Galego de verán en Pontevedra, na Piscina Rías do Sur. Acadamos o 20º posto na clasificación conxunta, 13º feminino e 24º masculino. Participamos nunha soa remuda, 4×100 estilos, a que remata o campionato e na que quedamos en 9º  posto con boas marcas de todas as relevistas.

Acadamos bastantes MMP e a nivel individual destacamos á nadadora Miriam Macías, que foi medalla de bronce de 15 anos en dúas probas, 50 libre e 100 costas.

Por outra banda, Paula Otero participou coa Selección Española de Augas Abertas, na 2ª Etapa da Copa de Europa de AA en Barcelona. Paula foi de primeira toda a primeira parte da proba, e rematou con medalla de bronce e moi bo tempo de proba e sobre todo con boas sensacións competitivas.

Noraboa a tod@s por estes resultados, descanso merecido para os infantiles e Paula, a tope para o Campionato Galego Absoluto!!

Resultados