Esta fin de semana celebrouse en Carballo un Trofeo homenaxe a Pedro Luis Fernández Pombo, membro da natación galega e da carballesa de forma especial. Era a primeira edición, constaba dunha xornada de deportistas e de outra de máster. O Club Natación Arteixo tivo participación en ambos Trofeos, e con moi bos resultados, polo que agradecemos ó Club anfitrión a organización e a invitación a ditos eventos.
Acudiron un total de 22 deportistas e 5 máster. Foron moi boas as marcas acadadas neste Trofeo, e conseguimos moi bo ambiente de equipo, gran antesala para o vindeiros Campionatos Galegos, tanto de categoría absoluta como máster, que serán a finais de decembro e de xaneiro respectivamente.
A nadadora de categoría junior Eva Sánchez Bello acado o 2º posto por táboa FINA en suma das 3 probas. Podedes consultar os resultados de ambos Trofeos no seguinte enlace.
Noraboa EQUIPO!!