Rematou o Campionato de España para Nerea Iglesias, que participou nun total de catro probas en 3 días no Complexo Deportivo Inacua, en Málaga, no XXXIX Campionato de España de categoría Infantil.
A xoven nadadora do Club Natación Arteixo, foi mellorando o seu rendemento competitivo a medida que foron pasando as probas, tanto, que o mellor resultado foi na última xornada, o sábado, na proba colofón, o 200 estilos. Este tipo de citas importantes provocan presión, e Nerea foi quen de vencela e nadar en boas marcas.
Participou nas probas de 100 braza, 100 libre, 400 e 200 estilos. Destacamos os seus postos nas dúas probas máis largas, onde mellorou moito os postos respecto á inscrición, acadando o 28º en 400 estilos e o 29º en 200 estilos.
Noraboa Nerea, a tempada que ven, a por máis e mellor!!