Resultados Campionato Infantil

Hoxe remata a tempada de competicións en piscina para o Club Natación Arteixo co regreso a casa de Nerea Iglesias Muíño.

Nerea ven de participar no Campionato de España Infantil en Madrid, nas magníficas instalacións do Mundial 86. Nadou a proba de 200 estilos, proba que nadou atrevida, con dous primeiros parciais moi rápidos e acadando finalmente o posto 29º.

Esta nadadora, recentemente medallista no Campionato Galego da súa categoría, fixo unha gran tempada e este foi un bo colofón que sen dúbida servirá de plataforma de saída para a vindeira, na que o CNA volverá a competir en 1ª División e na que Nerea seguirá aportando o seu traballo diario e os seus éxitos a este gran Equipo.

Noraboa Nerea!!

Resultados