Resultados Campionato Galego

Estes últimos catro días celebrouse en Pontevedra o Campionato Galego de verán no que compartiron campionato as categorías Infantil, Junior e Absoluta. Esta convivencia fai deste evento outro gran momento para crear un gran ambiente de equipo, cousa que o Club Natación Arteixo conseguiu con moi alta nota. Así, neste longo pero emocionante campionato acadáronse moitas mellores marcas persoais, un total de 24 finais e nove medallas.

O Campionato comezou o xoves pola mañá e durou ata o domingo pola tarde. Tod@s participaban nas sesións de eliminatorias, nas que ademais xogábanse as medallas junior e infantís. Pola tarde nadaron os deportistas que acadaron postos de finalistas absolutos. O noso equipo estaba composto por 10 infantís, 4 junior e 7 absolutos (categoría na que tamén puntúan nadador@s das anteriores). Gracias á magnifica actuación de todos eles e por suposto os resultados das remudas, o noso club conseguiu acadar os seguintes postos a nivel de clasificación por equipos:

MASCULINA

FEMININA

CONXUNTA

INFANTIL

14º

11º

11º

JUNIOR

15º

12º

14º

ABSOLUTA

10º

A nivel de equipo sempre empezamos destacando as remudas. O equipo feminino absoluto regalounos un emocionante 4×50 libre o domingo, que sendo moi reñido, acabou nun bronce para as do Arteixo. No resto acadamos os seguintes postos:

Para os absolut@s: 4×50 estilos, masculino 12º, feminino 6º;  4×50 libre, masculino 6º, feminino bronce; 4×200 libre, masculino 11º; 4×100 libre, masculino 10º, feminino 5º; e o que remata o campionato, 4×100 estilos, 9º masculino e 5º feminino.

Para os infantís: 4×200 libre, masculino 12º, feminino 11º; 4×100 libre, masculino 12º, feminino 9º; e o que remata o campionato, 4×100 estilos, 8º masculino e 10º feminino.

A nivel individual, acadáronse un total de 8 medallas, 4 da nadadora de categoría absoluta, Alba Gómez, foron tres ouros e un bronce; outro bronce para a nadadora de categoría junior,  Nerea Pazos; e dous bronces e unha prata para Nerea Iglesias, de categoría infantil.

Ademais dos medallistas, foron tamén finalistas: Tamara, Penélope, Xián, César, Luis, Daniel Fernández e Carlos Gómez.

 

Ademáis, Alba Gómez Mesías foi a gañadora do Trofeo Paula Carballido, á mellor puntuación FINA en categoría feminina, pola proba de 100 libre, que con un tempo de 58.36 acadou un total de 710 puntos.

 

O Campionato foi largo, pero aínda así, os compoñentes do CNA non perderon a concentración nin as ganas de animar a tódolos nadadores/as do club, de feito o último día tivo un gran nivel de marcas e foi dos máis animados na grada do Arteixo. Gran referencia dos nosos nadador@s máis veteranos para o grupo de infantís que están empezando a despegar neste deporte.

Noraboa EQUIPO!!

Resultados

Medalleiro

Video do Campionato cortesía dunha das nosas nais-animadoras: