Resultados Campionato Galego Máster

Rematou o Campionato Galego Máster con unha boa actuación dos nove participantes do Club Natación Arteixo e unha moi boa organización por parte da Fegan e o Club Natación Ponteareas deste novo campionato de inverno. Un total de 15 medallas en probas individuais e un 4º e 5º posto nas dúas remudas que poidemos presentar son os resultados máis salientables que agora pasamos a especificar.

Os nosos representantes foron: Inés, Sara e Raquel,  Javi Carril, Javi Mella, Manuel, Olmo, Rubén e Ramón. Tod@s acadaron boas marcas individuais, nadando con moita ilusión, e coma sempre tratando de dalo todo tanto na piscina coma na grada. Acadaron os seguintes postos como equipo: 17º na clasificación conxunta, 14º masculino e 21º feminino.

Un dos momentos máis emocionantes do campionato foi, coma sempre, o da participación dos equipos de remudas. Só poidemos ter presencia en unha masculina e nas mixtas, acadando os seguintes postos: en 4×50 libre masculina categoria +200 8º, na de 4×50 estilos mixta de categoría +200 o 5º posto, e na de 4×50 libre mixta de categoría +120 o 4º posto.

A nivel individual destacamos a mellora do equipo, en parte  gracias á consolidación do novo grupo de adestramento que por fin poidemos formar a tempada pasada en Meicende coa colaboración do Concello de Arteixo. Acadamos un total de 15 medallas, sete ouros, cinco pratas e tres bronces. Podedes consultalas no medalleiro enlazado nesta nova, así como todos os resultados da competición.

O noso nadador máis veterán en moitos sentidos, Ramón Folch, acadou o premio do Campionato ó nadador de máis idade, que recolleu con gran orgullo ó final do evento.

Esta sección do Club Natación Arteixo intentará seguir aumentando e traballando para que a tempada de verán sexa con máis e mellor

Noraboa EQUIPO MÁSTER!!

ResultadosMedalleiro