Resultados Campionato Galego Infantil

Unha moi pequena representación pero con unha moi boa actuación deportiva é o resumo do Campionato Galego Infantil celebrado esta fin de semana en Pontevedra no que voltamos con boas marcas e unha medalla.

Asistimos con tres deportistas, pero temos moi asequible aumentar a nosa participación de cara a verán, xa que os nadador@s desta categoría están mellorando moito o seu adestramento diario.

 

Carla, Manuel e Miriam rebaixaron a súa marca persoal en tódalas probas nas que participaron, e non deixaron que nada oscurecera a súa motivación e bon facer á hora de competir. Miriam Macías foi medalla de bronce na proba de 100 costas.

Noraboa ós tres!!

Resultados