Esta fin de semana celebrouse en Cervo o Campionato Galego Alevín de verán, coa presencia de seis dos nosos nadador@s de esta categoría. Foi unha moi boa experiencia competitiva e tamén de convivencia, na que destacamos o bo ambiente tanto dentro coma fora da piscina.
Manuel, Lucas, Alejandra, Daniela, Marta e Martina, voltan con moitas MMP e orgullos@s de ter rematado a tempada competitiva desta forma. Como equipo acadamos o 20º posto na clasificación masculina, o 25º na feminina, e o 23º na clasificación conxunta. Participamos en dúas remudas femininas, 4×100 libre e 4×100 estilos, e acadamos o 18º posto en ambas.