Esta fin de semana celebrouse en Pontevedra, en Piscina de 50 metros, o Campionato Galego Infantil e Junior de Inverno, xunto coa Copa Senior. Os 18 participantes do Club Natación Arteixo voltan con cinco medallas, un trofeo, moitas mellores marcas persoais acadadas, moi bo nivel competitivo e aínda mellor nivel de traballo de equipo.
Asistimos con oito nadadores/as de categoría Infantil, case todos estreándose en campionatos desta categoría. Estes acadaron o 9º posto feminino, 15º masculino, e 13º posto conxunto. Este grupo demostrou saber funcionar moi ben neste tipo de citas de nivel, sen dúbida ainda lles queda moito por diante. Nas remudas acadaron os seguintes postos: 4×100 libre, 11º masculino e 10º feminino; 4×100 estilos, a remuda que pechou o campionato o domingo pola tarde, 7º masculino e 10º feminino. A nadadora desta categoría, Antía Gómez acadou catro medallas, un ouro en 100 costas, dúas pratas en 200 costas e 100 bolboreta, e un bronce en 200 libre.
O equipo Junior estivo formado por seis nadadores e unha nadadora. Obtiveron o 5º posto na clasificación masculina, 15º na feminina e 9º na conxunta. Só poidemos participar nas remudas masculinas, nas que acadaron o 5º posto en 4×200 libre e o 6º posto en 4×100 libre e 4×100 estilos. A nadadora Nerea Iglesias acadou unha medalla de bronce na proba de 50 bolboreta.
En canto os Senior, só asistiron tres deportistas, que nadaron en bo nivel, atopándose en plena etapa de volumen de adestramento. A nadadora Alba Gómez, acadou o 3º posto feminino por puntos FINA, pola marca acadada na proba de 400 libre.
O máis salientable do Campionato foi o bo ambiente de equipo, o abertos que estaban os máis pequenos ós consellos e ánimos dos máis veteráns. Futuro e presente competindo xuntos e aprendendo uns de outros, isto é, sen dúbida, o gran activo do Club Natación Arteixo.
Noraboa a tod@s e a seguir mellorando!!